ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O pódcast en lingua galega sobre María Casares ven de ser pre-seleccionado para os premios iVoox. A audiencia poderá agora votar ata o 24 de outubro por este programa producido por Son Radiofusión e dirixido por Eugenia Sanmartín. En novembro daranse a coñecer os gañadores. Pódese votar na web https://premios.ivoox.com/
Tes que buscar a categoría Historia y creencias clickar no podcast "Maria Casares. Eu son do océano" e logo darlle a aceptar.
Os premios iVoox queren dar visibilidade e recoñecemento aos pódcasts favoritos da audiencia. Hai 14 categorías e o pódcast “María Casares. Eu son do océano” entra na categoría de “Historia y creencias”. iVoox é unha plataforma onde publicar, compartir e escoitar pódcasts. Os premios véñense convocando desde o 2018. Trátase dun trofeo de recoñecemento por parte da audiencia de iVoox e desde a plataforma obsequian aos gañadores con visibilidade durante un ano.
“Eu son do océano” divulga a vida da actriz galega (A Coruña, 1922) que triunfou no seu exilio en Francia, onde residía tras o golpe militar de 1936. O pódcast contou con guión de Puri Seixido, dirección de Eugenia Sanmartín e música orixinal da compositora Sofia Oriana Infante. Encargáronse da interpretación Vicky Sas, Helga Méndez, Cristina Mariño, Rogelio Arias e Cristina Moreira. Xabier Fernández ocupouse do son. Producido por Son Radiofusión, o proxecto contou coa colaboración da Deputación da Coruña. Pódense escoitar na web www.radiofusion.gal divididos en seis capítulos de 40 minutos de duración cada ún. Coincidindo co centenario do nacemento de María Casares, Radiofusión tamén editou unha novela gráfica sobre a actriz de Pitusa Arias e Carlos Sardiña.
Na imaxe, Cristina Mariño
Fotografía: Xan Xe
Comentarios
(Sen asunto)
(Sen asunto)
(Sen asunto)
Publica o teu comentario agora