Programación
Radiofusión colabora coa campaña "Vitaminas para o galego" porque pensamos que os medios de comunicación en galego son cruciais se queremos garantir o futuro do noso idioma. Neste ano 2012, insistimos na necesidade de aproveitar as sinerxias para elaborar unha programación de calidade que complemente os espazos locais e ao mesmo tempo sirva para prestixiar a comunicación de proximidade. Ese foi e continua a ser o obxectivo da asociación Emisoras Municipais Galegas, á hora de lanzar Radiofusión, a programación conxunta das radios públicas locais de Galicia.
Radiofusión emite 24 horas sobre 24, distribuindo o seu sinal a través dunha liña de satélite e máis de Internet. Ademais da programación musical emitimos os seguintes espazos de producción propia entre os luns e os venres:
9h. - 11 h. Arredor de nós. Magazine matinal de actualidade conducido por Manuel Alvarez Moreira.
12 - 13 h. A Fervenza. A única lista de grandes éxitos de música galega do mundo.
13,00 h. Radio Cerna. Espazo elaborado pola asociación ecoloxista Adega.
17,00 h. 18,00 h. Programa musical especializado. Alex Pérez, Luís Iñiguez, Rubén Mosquera e Félix Jorquera.
18,00 h - 20,00 h. O Viraventos. Magazine xuvenil de tarde dirixido e presentado por Elena Dopico.
20,00 h. - 20,30 h. Informativo Galicia, con Eva Ocampo.
21,00 h. - 23,00 h. Arredor de nós. Reemisión.
23,00 h. - 01,00 h. O Viraventos. Reemisión.
01,00 h. - 01,30 h. Informativo Galicia (r)