Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018
NOVAS

Vichelocrego. Alberto García

A zorza especial con queixo San Simón

Sociedade 25/05/2018
  Envía a túa opinión

Unha tapa elaborada a base de zorza, cachelos e queixo San Simón. Con ela concursa Vichelocrego, o mesón de Barallobre que rexenta Alberto García. Chus Vilar é a responsable da cociña e da tapa " Zorza?, cachelos, San Simón". Sírvese nun anaco de madeira.


Milla escolar. 2017.

A Milla Escolar córre en Barallobre

Sociedade 25/05/2018
  Envía a túa opinión

Máis de 350 nenos e nenas tomarán parte este domingo 27 na XXV Milla Escolar de Fene. O edil de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanza que a participación aínda podería medrar máis, xa que tamén se recollerán inscricións individuais a pé de pista o mesmo domingo, de 9,30 a 10,30 h. As carreiras da Milla Escolar celebraranse este ano nas recuperadas pistas de atletismo do Concello de Fene, emprazadas en Barallobre, xunto ó IES de Fene, e arrancarán ás 11 horas cunha duración estimada de hora e media.


Barallobre. Cine Adriano

O neno que soñaba con aventuras na mar

Sociedade 25/05/2018
  Envía a túa opinión

Sobre Man, o alemán de Camelle, versaron algúns dos contos na lareira con salitre debullados por Fernando Patricio no cine Adriano de Barallobre. Manfred Gnädinger foi un filósofo e artista alemán que viviu nese porto de Camariñas e que contribuiu a poñelo no mapa. Un museo lembra na actualidade a súa obra en Camelle. O cine Adriano de Barallobre preparouse para a ocasión cunha coidada ambientación de luces e sombras.


Alexandre Ripoll coa primeira edición de Mar adiante

O lobo Garimoso e a nena Mariquiña

Sociedade 25/05/2018
  Envía a túa opinión

O lobo Garimoso pasa varias noites coa nena Mariquiña porque a escritora María Victoria Moreno soñou un animal bondadoso no seu libro Mar adiante. Unha primeira edición dese libro de 1972 trouxo o profesor Alexandre Ripoll a un acto na Asociación Veciñal de Limodre. Dirixiu unha animada tertulia en torno á escritora á que este ano se lle adica o Dia das Letras Galegas.


San Valentín. Fene

Aparcar mellor

Sociedade 24/05/2018
  Envía a túa opinión

O Concello de Fene levará a cabo mañá venres, 25 de maio, as obras de acondicionamento da área de estacionamento de San Valentín, emprazada xunto ó CPI A Xunqueira, no entorno do paseo marítimo. Co ánimo de causar as mínimas molestias posibles, o alcalde Gumersindo Galego estima que os traballos estén concluídos a última hora da tarde. A actuación pretende dar resposta ó avanzado estado de deterioro do aparcadoiro, plagado de fochancas que dificultan o tránsito e mesmo o estacionamento.


Leonardo Bertolini

Cuscús ai frutti di mare

Sociedade 24/05/2018
  Envía a túa opinión

Imos coñecer outra tapa das que participan dende esta tarde e ata o 9 de xuño no Concurso de Tapas de Fene. Entramos no Encontro de Leo's, na Avenida do Concello de Fene, para saber do seu "Cuscús ai frutti di mare". O propio chef Leo é quen nos fala da tapa coa que concursan. Leva cuscús, un producto bereber, que se acompaña de mexillóns e langostinos.

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros