A bolsa secreta é unha mistura das cociñas xaponesa, mexicana, brasileira e galega. Consiste nunha gyoza (empanadilla xaponesa) con recheo de centolo e gambón, acompañado dunha crema de Bobo de camarâo (típica de Salvador de Bahía). Deitase nun nacho mexicano que actua como cama cunha emulsión de guacamole. Todo vai peiteado cunha crema de xenos e unha reducción de Pedro Ximenez con fresa para aportar frescura. Cocíñase ao vapor.
Vinteun establecementos participan no campionato Mugardos de pinchos. Poderánse probar os venres pola tarde e sábados todo o dia desde esta tarde ata o sábado 12 de maio. Haberá premios de 400 e de 200 euros en metálico que se sortearán entre as persoas participantes. Tamén un galardón dunha visita para duas persoas a Bodegas Altanza na Rioxa.
Cómo chega a comida ao prato? Cal é a contorna cultural do acto de comer? A esas preguntas intenta responder Christian Boudan no seu libro Géopolitique du goût La guerre culinaire (París 2004) traducido ao castelán por Editorial Trea (Gijón 2008). O autor alarmase do descenso xeral da calidade da nutrición e as súas consecuencias de expansión da obesidade e outras doenzas dexenerativas.
Xa o dicía Alvaro Cunqueiro: “hasta abril para mín, as de maio pro criado e as de San Xoan pro can”. A lamprea lémbranos o sabor do bico das sirenas. Cociñada no seu propio sangue e con viño. Péscase no río Tea e no Miño, pero en tempos tamén abundaba no río Mandeo en Betanzos. Prepárase con agarimo en Padrón, Rois, Pontecesures e Arbo.