Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

Escea do filme

Galiza na metrópole londinense

Sociedade 21/03/2018
  Envía a túa opinión

A oitava edición do Galician Film Forum (GFF) acollerá este venres, 23 de marzo, a estrea en Londres do documental Santoalla, dirixido por Daniel Mehrer e Andrew Becker. O evento será na universidade King´s College de Londres [18:45 h, Strand Campus, Edmond J Safra Theatre WC2R 2LS] e terá entrada gratuíta, pero cómpre reservala con antelación neste enlace. Tras a proxección haberá un coloquio a través de videoconferencia con Cristina de la Torre, coprodutora. A fita proxectarase en versión orixinal con subtítulos en inglés e o encontro celebrarase en inglés e galego. Toda a información relativa ao evento pódese consultar na páxina web do GFF (galicianfilmforum.gal). Esta edición do GFF conta de novo co apoio do departamento de Spanish, Portuguese and Latin American Studies do King´s College London.


Xurdefet de Berrobambán

É un crocodrilo

Sociedade 04/02/2018
  Envía a túa opinión

“É un crocodrilo” afirmou con admiración un neno ao contemplar as sombras chinescas no escenario do Teatro Jofre de Ferrol. Mentres unha rapaza seguía encandilada cos movementos dos brazos a música da obra “Xurdefet” de Berrobambán. Camelos e dromedarios, o león e o domador, elefante mariño e cabalos crúzanse nun completo dia de festa. 


Escea da película

O clube dos incomprendidos

Sociedade 31/12/2017
  Envía a túa opinión

‘O clube dos incomprendidos’ estreuse en 2015. Trátase dun filme da compañía galega Bambú Producciones e Atresmedia Cine, que contou para a súa realización cunha subvención de 252.694 euros a través do programa de axudas da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á produción de longametraxes cinematográficas. A película supuxo o salto á gran pantalla de Bambú, centrada ata daquela na produción de series de televisión tan coñecidas como ‘Velvet’, ‘Gran Hotel’, ‘Hispania’ ou ‘Gran Reserva’.


Cartaz do filme

Adianto de Pelerinaxes no Pazo de Trasalba

Sociedade 14/06/2016
  Envía a túa opinión

O cineasta Simone Saibene- nado en Busto Arsizio (Italia) en 1977- proxectará por primeira vez o 26 de xuño o trailer do seu filme ‘Pelerinaxes’. Presentarase na entrega do Premio Trasalba 2016, no pazo que alberga a Fundación Otero Pedrayo, en Ourense, como adianto do que será a súa segunda longamentraxe. Foi elixido este lugar porque o libro ‘Pelerinaxes I’, deste autor, inspirou a última película de Saibene, que se estreará en Galicia e no Festival de Cournoualle (Francia) no mes de xullo. A Fundación Otero Pedrayo foi tamén un dos plató elixidos polo director para a rodaxe da película.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros