O disco de Zurrumalla Camiño por ti ven cheo de pezas frescas e evocadoras. Son sete amantes da música tradicional e de festa. "Meu latexar é morena por ti, hei de vogar pra ribeira por ti, hei de cantar nas tabernas por ti, hei prender as estrelas, morena por ti" cantan no Pasodobre por tí
A Fervenza é unha lista de éxitos da música feita en Galicia. Música de todos os estilos que seleccionamos e reunimos nun espazo radiofónico que se emite a través de Radiofusión, a programación conxunta das radios locais galegas. Todos os dias ás dez e media da mañá.
“A raiz do toxo verde é moi mala de arrincare, os amoriños primeiros son moi malos de olvidare”. A canción tradicional é unha das recuperadas e reinterpretadas por Xurxo Fernándes e Quique Peón, pandeireteiros de sona que forman Radio Cos.
1-Aid - A xustiza pola man
2-Banda Crebinsky - Ma mere la musique
3-Eladio y los seres queridos - El tiempo futuro
4-Samuel L. París - Montelouro
5-Luar na lubre - Romance de Novembro