Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Selección da Costa e AGA Angola

Botas e balóns para Angola

Sociedade 09/06/2018
  Envía a túa opinión

Máis dun cento de pares de botas e unha boa bolsa de balóns viaxarán a semana que vén a Angola, para que ducias de rapaces e rapazas do país africano poidan disfrutar do seu deporte favorito nunhas mellores condicións. Unha iniciativa do equipo de Que pasa na costa.


Grupo de Naufraxios Galegos chegando á illa de Sálvora

As heroínas de Sálvora

Sociedade 20/05/2018
  Envía a túa opinión

Merece a pena a visita a Sálvora, Illas Atlánticas, Parque Nacional de Galicia. En apenas oito minutos chégase desde Aguiño á illa onde embarrancou o 2 de xaneiro de 1921 o trasatlántico Santa Isabel. Douscentos trece mortos deixou un naufraxio coñecido como “o Titanic galego”. As “heroínas de Sálvora”, catro mulleres novas que vivian na illa, e o ferrolán Luis Cebreiro –o segundo oficial do barco- lograron salvar a vida de 55 persoas nunha noite de inverno.


A Coruña. Xurado do Premio Manuel Murguía da Deputación.

Ramón Caamaño, fotógrafo popular e rural

Sociedade 30/11/2017
  Envía a túa opinión

Ramón Caamaño Bentin (Muxía 1908), foi un exemplo claro de fotógrafo popular e rural. Faleceu en maio do 2007. Sen pretensións artísticas, Caamaño retratou aos seus veciños para que puidesen enviar as fotos aos seus familiares emigrantes en América. Retratou incansablemente ao longo de moitos anos a Costa da Morte, os mariñeiros, vodas, acontecementos sociais en Muxía e a romaría da Barca. Pero tamén realizou numerosas fotografías en Porto do Son, que agora foron collidas como vimbios para o traballo de Raúl Soutelo e José Manuel Vázquez sobre a primeira metade do século vinte nunha vila galega.


Ánxela Franco con representantes dos centros educativos premiados co Concepción Arenal

Ánxela Franco: “O noso corpo segue sendo tabú”

Sociedade 23/11/2017
  Envía a túa opinión

“O noso corpo segue sendo un tabú e iso o percibimos nas charlas sobre afectividade e sexualidade que estamos a impartir dentro da campaña Quen dixo medo?” salienta a responsable de Benestar Social da Deputación da Coruña Ánxela Franco. Obradoiros de autodefensa, charlas sobre afectividade e sexualidade, ginkanas coeducativa para a educación primaria. Son algunhas das múltiples actividades programadas pola área de Benestar Social da Deputación. A campaña Quen dixo medo? prolongaráse por 24 meses en 40 Concellos da provincia.  


Natalia Carou

Pedro de Soutomaior, o castelo e a cova da moura

Sociedade 15/05/2017
  Envía a túa opinión

Don Pedro de Soutomaior, neto de Pedro Madruga, é un dos protagonistas da novela histórica “A Cova da Moura” de Natalia Carou. Os feitos acaecidos no século XVI mistúranse coa relación dunha alumna e o seu antigo profesor na actualidade. “Na obra tamén me interesa reflexar a existencia de mulleres loitadoras contra a violencia de xénero e os malos tratos” afirma Natalia Carou

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros