Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz de Xulio Verne

Xulio Verne chega a Vigo

Sociedade 17/04/2018
  Envía a túa opinión

MARCO, o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, acollerá do 19 de abril ao 16 de setembro a exposición  "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" propiedade da Fundación Telefónica. A mostra achéganos á figura do xenial escritor francés. Verne está na orixe da curiosidade, a aventura, o descubrimento e o coñecemento de moitos lectores. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidirá o acto de inauguración previsto para o xoves 19 ás 20:00horas.


Redondela. Festival de títeres. 2008

10.000 leguas de viaxe pola vila

Cultura 09/04/2018
  Envía a túa opinión

Un total de 26 compañías de Perú, Reino Unido, Francia, Dinamarca, Arxentina, Portugal, Cataluña, Andalucía, Castela e León, Murcia e Galicia, compoñen o cartel da 19ª edición  do Festival de Títeres de Redondela que se celebrará entre o 14 e o 20 de maio. O evento adicado a "Juanjo Amoedo" encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 14 ao 20 de maio.


O Filloa na Coruña como sempre

Vinte bandas galegas no ciclo de Estrella Galicia

Sociedade 03/04/2018
  Envía a túa opinión

Unhas vinte bandas galegas actuarán este mes nas salas de Clubtura grazas ao ciclo de concertos de Clube Estrella Galicia. Jazz Filloa, Mardi Gras e Garufa Club (A Coruña), Auriense (Ourense), O Con do Moucho (A Illa de Arousa) Arca de Noe (Vilar de Santos), Momo e Sala Moon (Santiago) e Contrabajo de Vigo son os locais que este mes desfrutarán do ciclo patrocinado por Estrella Galicia.


Chamada do RC Celta

Ao son da Rianxeira

Sociedade 14/03/2018
  Envía a túa opinión

Vigo vivirá unha auténtica xornada festiva este sábado 17 de marzo. O RC Celta celebra o seu desembarco no corazón da cidade, na rúa do Príncipe, onde a partir deste fin de semana se localizará a sede social do club, un punto de encontro para todos, non só pola súa privilexiada localización, senón pola actividade cultural, comercial e de lecer que propón. A celebración prolongarase durante todo o día, con espectáculos nas rúas do centro de Vigo desde a mañá, unha gran quedada celeste fronte o museo do MARCO ás 18:00. O evento principal, no exterior do novo inmoble, estará presentado polo actor galego Javier Veiga e contará con grandes actuacións e a presenza do primeiro equipo e da canteira celeste, que farń unha foto de familia.


Vigo: Manifestación feminista. 4 de marzo de 2018

A hora das mulleres

Sociedade 04/03/2018
  Envía a túa opinión

"Para transformar a vida das mulleres" foi o lema que encabezou a manifestación nacional das mulleres esta mañá en Vigo. A manifestación reuniu a milleiros de persoas reclamando a igualdade salarial e contra a violencia. A movilización completarase o mesmo día 8 de marzo con outras que se celebrarán nas diferentes cidades e vilas galegas pola tarde. Pero o máis relevante desta manifestación é facer boca para a folga convocada o próximo xoves polas organizacións feministas, enmarcadas na Asemblea Galegas 8M e polos sindicatos. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros