Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Iria Ollero

Oito de cada dez adolescentes pisan mal

Sociedade 19/01/2018
  Envía a túa opinión

“¿E ti, como pisas?” é o título do estudo co que Iria Ollero, alumna das Aulas Tecnópole e estudante de 2º de Bacharelato no IES As Lagoas (Ourense), levou o segundo premio do certame estatal Jóvenes Investigadores, celebrado hai uns días en Málaga. Este traballo fora xa recoñecido co primeiro premio na categoría Biomedicina e Saúde do evento Ciencia en Acción 2017, celebrado o pasado mes de outubro en Euskadi.


Allariz: Xurado do Festival Internacional de Xardíns

Erotismo no xardín

Sociedade 12/12/2017
  Envía a túa opinión

O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 10 xardíns que formarán parte da novena edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado ao Erotismo no Xardín. O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Celestino Feijóo, director técnico do FIXA e os paisaxistas Elsa Severino, Guillermo Cuadrado  (Presidente da Asociación Española de Paisajismo), Teresa Vicente Franqueira e Zoa Martínez da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignaico Somovilla, do sector do turismo e formalismo (BOmarzo – Garden Tours) elixiu , esta mañá, 10 xardíns efémeros que ocuparán o recinto de maio a outubro de 2018.


Carlos Casares

O estilo claro, limpo e elegante de Carlos Casares

Sociedade 10/03/2017
  Envía a túa opinión

Deus sentado nun sillón azul considerase a novela máis ambiciosa de Carlos Casares, segundo o seu amigo e biógrafo Damián Villalaín. Nesa obra, Casares utiliza a unha muller como narradora. Retrata moi ben aos  protagonistas e reflexiona sobre a responsabilidade dos intelectuais. O seu estilo -limpo, claro, elegante- é o resultado dun meticuloso traballo a través do cal o escritor procura a sinxeleza e a comunicación.


María Lois con Andrés González Vizoso e Xosé María Rivera Arnoso

María Lois: “Unha idea homoxénea de nación é un mito”

Sociedade 03/01/2017
  Envía a túa opinión

María Lois Barrio é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e autora dunha tese sobre a “produción e reprodución” do nacionalismo galego desde a “perspectiva do lugar”, unha investigación de xeografía política que deu como resultado o libro Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista (Trama editorial), que foi presentado a semana pasada en Fene, un dos lugares das pescudas (o outro foi Allariz) a principios da década do dous mil.


@Beirodsal

Pirómanos, incendiarios e imprudentes

Sociedade 11/09/2016
  Envía a túa opinión

O complexo problema dos incendios forestais non se pode reducir a unha cuestión policial. Expertos na materia atribuen o sesenta por cento dos lumes a pirómanos, incendiarios e imprudentes. Descoñécense as causas e as motivacións en moitos casos pero todo o mundo coincide en reclamar un novo modelo de xestión do monte para atallar as causas desta lacra periódica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros