A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará unha nova actividade para pechar as datas do entroido. Mañá martes día 20 de febreiro terá lugar un Entroido Tradicional cun Folión que partirá da Tradescola ás 17:15 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar irán marcando os ritmos característicos do Folión. Os boteiros farán paradas en distintas rúas e prazas da cidade e realizaranse pequenas intervencións con danzas e cantos típicos do entroido.
Unha feira gastronómica cun cocido magnífico e a un prezo módico, duns 25 euros, que se pode degustar en calquera dos restaurantes da vila. “Pódese ver o Museo, contemplar as fervenzas ou seimeiras de Queixoeiro e de Vilagocende e levar butelo e moitos produtos da Fonsagrada de primeira calidade” afirma o alcalde da localidade Argelio Fernández Queipo.
Verso solto no PSOE, ma non troppo, pois como candidato de Izquierda Socialista conseguiu no 2014 o 15% dos votos nun congreso extraordinario do partido tendo en fronte a Pedro Sánchez e a Eduardo Madina. José Antonio Pérez Tapias, nas antípodas de Susana Díaz, rexeita por “dogmática” a afirmación da “indisoluble unidade de España”. Na entrevista concedida a TEMPOS Novos, sostén que o Estado das Autonomías de 1978 está esgotado. Propón un proceso constituínte, retomar a idea de referendo legal para Catalunya e o impulso dun Estado plurinacional, con pleno recoñecemento das nacións do Estado, nomeadamente Catalunya, Euskadi e Galicia. “Necesitamos resolver a cuestión das nacións”, conclúe o díscolo e reflexivo militante socialista.
Unha estatua de Asorei coa figura do “Pai Feixóo” preside un dos claustros do mosteiro de Samos, cenobio fundado no século sexto. A chegada dos suevos a Galicia é simultánea á instalación dos monxes á beira do río Oribio. Os frades buscaban lugares onde poder traballar e orar en silencio en lugares de recollemento. Hospedábase nos veráns no mosteiro, o poeta Ramón Cabanillas.
Degustacións de lacón cocido e de queixo do pais con mel serán algunhas das posibilidades da II Feira do Mel de Montaña que este sábado e domingo se celebra no Viveiró en Muras. Chégase á localidade en 45 minutos desde Ferrol e desde Lugo. Está a só 15 minutos da Mariña luguesa. Haberá postos de mel, castañas e queixo, obradoiro de cestería, showcooking co cociñeiro do Restaurante Andarubel e xogos para a rapazada tanto o sábado como o domingo.