Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Galapps trunfa cun detector automático de furanchos


Imos? é unha guía interactiva de lecer e restauración tradicional

“O traballo de buscar o loureiro xa o pasamos nós”, din entre risas Sabela Barreiro e Xurxo Méndez, xunto con Juan Porta os tres pés do equipo das GalApps, un conxunto de deseñadores de aplicacións para dispositivos móbiles. O seu máis recente invento, chamado “Imos?” mantense dende hai días nos primeiros postos de venda da tenda que o xigante informático Apple mantén para distribuír programas para o IPhone. Con ela ofrecen unha guía de lecer diferente á maioría das dispoñibles en canto resulta eminentemente galega: “Imos?” xeolocaliza a posición do usuario do teléfono e “guíate e chegas directo ao carreiro ou á casa do veciño”. Serve para detectar os esquivos furanchos sen ter que ver os ramallos á beira da estrada, mais tamén para clasificar os mellores mesóns e bares de tapas tradicionais ou saber cales son as praias máis fermosas do país.

Cultura16/10/2012Autor: Redacción

GalApps xa se deu a coñecer con varias ferramentas de uso da lingua galega para o móbil: un dicionario, un tradutor e un conxugador de verbos. Con “Imos?” están a crear un pequeno fenómeno social no que a xente puntúa as mellores tabernas do país e vai engadindo aquelas que ficaron fóra do obxectivo de Sabela, Xurxo e Juan. Polo de agora o invento está dispoñible para dispositivos de Apple e non hai data de saída para os trebellos do sistema Android, aínda que xa traballan para que sexa axiña. “Programar para Android implica máis variedade de dispositivos e ademais querémonos diferenciar da maioría de aplicacións que non están coidadas ao máximo detalle”, xustifícase Xurxo.