Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018
NOVAS

Tiro da corda

Xogar ao aire libre

Sociedade 26/04/2018
  Envía a túa opinión

Ao aire libre poido participar o alumnado dos centros escolares de Fene na segunda xornada de Deportes populares escolares. Hoxe os protagonistas foron os alumnos e alumnas dos centros de O Ramo, Os Casais e Centieiras. En total foron 600 os que sairon das aulas para algo tan importante como xogar.


Fina Pico, Anxeles Redondo e José Sardiña

Lava lava lavandeira

Sociedade 26/04/2018
  Envía a túa opinión

As mulleres protagonizarán o V Encontro de Lavandeiras de Sillobre o sabado 5 de maio.

Unha churrascada ao mediodía; a recreación do lavado pola tarde e un festival folck pola noite compoñen a festa que recoñece o oficio das mulleres de Sillobre que lavaban para as familias de Ferrol. O programa incorpora este ano unha misa ás 13,00h na honra das lavandeiras e unha churrascada ás duas da tarde.

O forte da cita empeza ás 16.30h coa saída en lancha do peirao de Perlío para atravesar a ría ata Ferrol. As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente porque as prazas da lancha son limitadas.

Un Festival folc con Airiños de Fene e Lenda Ártabra en Agarimo, contra as 22:00 h, porá o colofón ao V Encontro de Lavandeiras de Sillobre que pretenderá lembrar unha actividade de moita implantación nesta parróquia de Fene.

Falándonos do programa do Encontro deste ano estiveron, Fina Pico, Ángeles Redondo e José Sardiña.  


Actuación do alumnado do IES Fene

Musiqueando pola Música

Sociedade 26/04/2018
  Envía a túa opinión

O Instituto de Ensino Secundario de Fene ofreceu esta mañá un concerto na Praza Alcalde Ramón Souto. Tocaron os instrumentos dentro dunha proposta denominada “Musiqueando”.  Quixeron compartir coa cidadanía a música que se fai nas aulas e reivindicar a importancia da educación musical e unha maior presencia no currículum escolar. O IES de Fene sumouse por primeira vez a esta iniciativa. Concertos como o de Fene fixéronse por toda España á mesma hora, entre as 10,30 e as 12,00h.


Recepción no patio do concello de San Sadurniño

Un ano magnífico

Sociedade 26/04/2018
  Envía a túa opinión

O Concello de San Sadurniño homenaxea ás estrelas deportivas do momento. O patio interior da Casa do Concello acolleu na tarde do martes a recepción oficial aos dous equipos do Aldebarán e do CF San Sadurniño que acaban de pechar unha temporada histórica. No primeiro caso a formación absoluta -o Aldebarán-Intasa- logrou hai escasos días o primeiro posto na SM2 e o pase directo á Superliga, máxima categoría do volei estatal. Ademais, o Aldebarán-Fisioche-Ben feminino tamén acaba de certificar a súa permanenca na primeira división autonómica. Pola súa banda, o equipo prebenxamín do CF San Sadurniño, e tamén por primeira vez na súa historia, conseguiu facerse co campionato ligueiro da zona. No acto, que durou uns 20 minutos, houbo unha chea de felicitacións tanto para deportistas como para persoas que traballan e traballaron durante anos apoiando o labor deportivo de ambos clubs.


Bruno García Formoso en Radio Fene

O futsal debe entrar nas Olimpiadas e na universidade

Deportes 25/04/2018
  Envía a túa opinión

“Non ser olímpicos e permanecer fora da universidade son as dúas debilidades actuais do futsal” afirma o seleccionador nacional do Xapón Bruno García Formoso. É o único técnico que ten adestrado en tres continentes (Asia, América e Europa) e salienta que a Liga Nacional de Fútbol Sala de España “continua a ser a mellor liga do mundo pola súa formidable estructura e pola escola de adestradores”.


Ana Basoa

Un trocito de mi

Sociedade 25/04/2018
  Envía a túa opinión

En San Valentín - Fene- vive Ana Basoa Rioboo, pintora que presenta a súa obra por primeira vez nunha exposición na Casa das Palmeiras de Neda. Inaugúrase o sabado 5 de maio ás 19:00 horas, baixo o título " Un trocito de mi" e a música en directo do seu irmán e do seu sobriño facendo honor a ese lema.  35 cadros, feitos a carboncillo e sanguina, recrearán paisaxes, bodegóns e retratos, estes últimos, os que máis disfruta a autora.

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros