Vilanova

Programa: 
Vilanova

Falar e falar excesivamente do mesmo problema pode empeorar o problema. O psicólogo José Barcia chámalle “rumiación”. Se non somos capaces de avanzar e seguimos dándolle voltas ao peor dun problema, créanos desazón, incrementa o estrés e deriva nunha fervenza de trastornos. Hoxe en Vilanova, Barcia refírese tamén aos bulos, ás noticias falsas que, de tanto repetilas, dámoslle credibilidade e visibilidade.