ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Incorporarse ao Exército empezou a considerarse como unha forma de sortear unha presumible represión política, porque se pensaba que existía unha maior posibilidade de conservar a vida dirixindose cara á fronte que continuando fuxidos na retagarda.
Os soldados de Franco fórono até avanzada a década do corenta.Tiveron que ir renovar a súa cartilla militar até a do cincuenta, servindo isto non só como unha forma de control social, senón tamén como recordatorio dos valores de encadramento, disciplina e medo ao castigo aprendidos durante a contenda.
O Exército franquista formouse sobre todo por recrutamento forzoso e non como resultado da mobilización cidadá. A participación nas súas filas non implica adhesión ideolóxica.Todo é máis complexo, segundo se defende no libro "Soldados de Franco" de Francisco Leira.
A súa tese é que o exército franquista se formou sobre todo por recrutamento forzoso e non como resultado da mobilización cidadá. A participación nas súas filas non implica adhesión ideolóxica nin colaboración, defende o historiador Leira Castiñeira.
Non obstante, aínda que existe unha gran parte de xente que “foi á guerra porque lle tocou” non debemos esquecer que, independentemente do bando, tamén houbo xente que foi á guerra por conviccións políticas, sinala Leira.
No libro e na tertulia o autor fala do caso galego que é paradigmático. “Aquí non hai guerra, cousa que si se produce en Asturias ou León”. Do recrutamento encárganse os concellos, de alí pasan á caixa de recrutas e envíanse a unha unidade militar. En Galicia non houbo fronte de guerra, pero a represión tamén se aplicou ás mulleres, así o indicaba Leira.
O pazo de Meirás
O pazo de Meirás, do pobo. A familia Franco deberá devolver o inmóbel após setenta e nove anos de espolio. O Pazo de Meirás non é propiedade da familia Franco e esta terá que devolvelo sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma ter incorrido para o seu mantemento. Así o dita a xuíza Marta Canales, que declara ademais a nulidade da doazón efectuada en 1938 ao ditador. A familia Franco anunciou xa que recorrerá a sentenza á Audiencia Provincial.