Rumboia 148 – Abóbriga – Foliada en Baiona (2012)

Programa: 
Rumboia

O nome do grupo, “ Abóbriga”, provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a agrupación, a actual Baiona.

 

Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi contactaron con varios músicos para facer unha colaboración nunhas actuacións informais, e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo.

 

No 2012 lanzaron o seu primeiro traballo discográfico chamado “ Foliada en Baiona”, protagonista da nosa Rumboia. Son 16 temas onde ofrecen unha mostra da historia da música tradicional do concello mesturados con composicións propias como o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares como a “ Foliada de Baiona” ou a “ Muñeira de Baiona”, recompiladas da tradición oral. Tamén hai que destacar a presenza dunha peza inédita, unha danza das espadas atopada no Arquivo Provincial de Pontevedra.