Rumboia 146 – Ghaveta – A raiz do pensamento (2020) (14:11)

Programa: 
Rumboia

Ghaveta é unha formación de cuarteto acústico que fai música galega de raíz. O seu particular son chegará a mergullarte nun universo tímbrico cheo de ritmo, harmonía e sentimento.



Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións e bouzouki) crearon Ghaveta en 2013. Logo de madurar o proxecto en numerosos concertos, gravan “Disque” en 2015, Un traballo composto por muiñeiras, xotas, pasodobres e cantos de traballo que conversan, en ocasións, con novas composicións e ritmos.



Xa en 2020 publican "A raíz do pensamento", o traballo ao que hoxe adicamos a Rumboia. Un traballo feito devagar, froito de todos estos anos de ensaios e concertos.

A raíz do pensamento, traspasa fronteiras e lindes nos que atoparas pequenas sorpresas e matices, que darán unha nova vida as nosas fermosas músicas.

En Ghaveta, corda, voz e percusión conxugarán de tódalas  posibles maneiras na búsqueda da emoción e o ritmo, do baile e a frescura, unha conexión directa na que todas sexamos completamente partícipes dos directos.