RUMBOIA 139 – Os Valuros – Valurias (2015)(12:07)

Programa: 
Rumboia

Os valuros naceron no ano 1990 froito da unión dun pequeno grupo de nenas e nenos do concello de Castro de Rei (Lugo) e arredores, que unidos polo seu amor á música tradicional traballaron arreo para converterse en músicos e bailadores que xogan un papel básico no futuro das nosas tradicións. Hoxe en día forman un variado grupo de música tradicional onde non faltan gaitas, saxofóns, acordeóns, pandeiretas, percusións e un coro tradicional ademais dos grupos de baile. No seu 25 aniversario publicaron o seu primeiro traballo discográfico “Valurias”.

Un exemplo claro do papel que xogan as distintas asociacións que ao longo de todo o país, transmiten os coñecementos das nosas tradicións ás novas xeracións, para que saiban conservalas, respectalas e poñelas en valor.