RUMBOIA 133 : Darbukka – Sete Sones

Programa: 
Rumboia

Falar de música tradicional no occidente de Asturias é falar de darbukka . Escoitar esta marea de música tradicional que chega da Veiga, de Ribadeo, da Pontenova, de el Franco,de Taramundi, da Caridá e de Santalla de Oscos achéganos a disfrutar das fragancias dos ventos do Cantabrico e a volver a bailar nunha festa das de sempre nas carballeiras da nosa terra.

O grupo Darbukka publicou no ano 2007 o seu primeiro traballo Falala e no ano 2011 o seu segundo disco, Sete sones, do que escoitamos varios termas nesta rumboia. A mayoría dos temas deste segundo traballo discográfico son na súa lingua materna, o gallego-asturiano ou fala, pero conviven en boa armonía con outros temas en inglés e alemán.

Sete sones, sete voces, sete vidas, sete almas convertidas en “canciois”, esos son Darbukka.