A rota do oeste. Henrique Dacosta

Programa: 
Club de lectura

Islandia e Ferrol son os escenarios da última novela do ferrolán Henrique Dacosta. “A rota do oeste” (Edicións Embora) discorre polo camiño inglés, polo mar e a construción naval, tres eixos que atravesa o protagonista, o islandés Gudmund Arnórsson, home de pasado escuro, introspectivo, que emprende unha viaxe desde Ribe ata o porto de Ferrol. A novela divídese en tres partes. A primeira sitúanos en Islandia e na personaxe de Gudmund que traballa nunha base norteamericana. A segunda parte relata a travesía marítima necesaria para continuar o camiño inglés a Compostela e que ven ser unha especie de redención dunha culpa, dunha carga. A terceira parte é a resolución final, a que ten máis intriga.