Os sanitarios en Vilanova

Programa: 
Vilanova

Durante o confinamento fomentouse a idea do super heroi. Utilizouse esa imaxe para reforzalos pero quizás é contraproducente porque eles non o poden ser, nin se senten como superareis. Pregúntase o psicólogo José Barcia, que super heroi chega á casa e di que tivo un mal dia no traballo?

Os profesionais da psicoloxía como el, recomendan que se aparten un pouco e tomen perspectiva da situación que están vivíndo e que os está secuestrando. Distanciamento e aprender a decir que non. “A desconexión absoluta non existe” recoñece Barcia, pero se todo o dia lees noticias sobre a Covid, se todo o dia a xente pregunta por iso, entras nun círculo vicioso que non axuda. “A procura do cambio de hábitos é moi necesaria” recomenda Barcia, asumir que o problema está aí pero ao mesmo tempo darse a prácticas que alivien e evadan dese círculo. A meditación, o mail fitness, o exercicio físico, a alimentación e o descanso poden axudar.