Os minimortos. Ledicia Costas

Programa: 
Club de lectura

A cuadrilla dos Minimortos é algo especial xa que están no Outro Barrio agardando polos seus pais. Como agora están solos teñen liberdade e non hai normas. Pero un día chega Catacrak, un neno que ansía voltar ó mundo dos vivos. Esta é a misión deste grupo de ultratumba: axudar a un neno a regresar á vida.

Forma parte dunha saga, esta é a primeira novela. Ritmo lixeiro, ameno e sempre cas risas como obxectivo, Ledicia Costas consigue levar ó mundo da morte a un plano secundario.

Esta tétrica comedia vai acompañada polas ilustracións de Mar Villar, coa que a autora está moi contenta e que seguirá ilustrando aos Minimortos ao longo das súas aventuras.

Deixa de lado a imaxe típica da morte en brancos, negros e grises. Asemella máis ás festas de defuntos de México onde hai cores vivas, frores e luz. Isto fomenta a simbiose, que se mantén durante todo o conto, que a ilustradora  a escritora conseguen.

A autora sinalaba que ela síntese dende pequena moi vencellada a todo o que ten que ver cos rituais relacionados coa morte en Galicia, xa que son moi diferentes aos doutros lugares. Ademais, considera que a morte é algo que debería deixar de ser tabú para os máis pequenos, xa que cando descobren a verdade, síntense enganados. Baixo este precedente nacen os Minimortos. Un xeito de achegar aos máis novos a esta realidade dun xeito ameno e divertido.

Participaron no clube de lectura: Maite Martínez, Eva Mazás, Esther Val e Henrique Sanfiz.