Os cambios de rutina

Programa: 
Vilanova

Nunha situación normal as persoas repetímonos bastante no día a día porque son hábitos xa aprendidos que facemos sin prestarlles atención. Por iso cústanos asimilar os cambios provocados pola pandemia porque rompen coas rutinas sempre confortables. Afirma José Barcia hoxe en Vilanova que os hábitos poden modificarse pero hai medo ao descoñecido. "En cada cambio de fase temos que repasar o que antes faciamos automaticamente" afirma o psicólogo.