Obesidade/ coronavirus

Programa: 
Vilanova

Os expertos en saúde do Reino Unido consideran que a obesidade é un dos principais factores de risco polo coronavirus. De feito, ser obeso duplica o risco de morrer polo virus. Segundo o psicólogo e licenciado en Ciencias do Deporte, José Barcia, está demostrado que a obesidade está relacionada con complicacións do coronavirus, a causa das masas grasas, a resposta dun sistema autoinmune debilitado e problemas respiratorios. O confinamento influíu negativamente nesta casuística porque a inactividade, comer máis por aburrimento ao estar na casa e mesmo problemas de ansiedade, acrecentaron o problema.

 

Afirma Barcia que a OMS recomenda, desde hai unha semana, máis actividade física porque as cifras de obseidade son alarmantes. En liñas xerais, os maiores de 18 anos deben practicar unha actividade física moderadade 150 a 300 minutos semanais. Para os nenos e nenas recomenda 60 minutos diarios. As consecuencias notarémolas a medio prazo. Para cumplir con estas recomendacións, declara Barcia, hai que mentalizarse sobre as bondades do exercicio físico porque a maioría das persoas afróntano como un sacrificio enorme, como algo que nunca nos apetece.