O peso da memoria. Rafael Catoira

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

Gañador do segundo premio no XXXIX Certame Literario do Concello de Vilalba polo seu libro de poemas Navegando cara a Ítaca e do primeiro premio de poesía do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez do Concello de Paradela neste 2022, Rafael Catoira ven de publicar a súa segunda novela titulada O peso da memoria. Este libro, editado por Toxosoutos, sitúase na España dos anos finais da ditadura franquista e da transición democrática, coa aparición de novas clases sociais e económicas, xurdidas por mor da emerxente situación política. O asasinato dunha rapaza é a teima máis recorrente dun inspector de policía xubilado que comparte confidencias cun profesor. Betanzos é o lugar elixido por Rafael Catoira para ambientar esta novela. “Déuseme por imaxinar que a protagonista vivía alí, nunha casa illada que hai a entrada de Betanzos e que ten por un lado o río e por outro lado unha lameira”, afirma Catoira no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/021222CATOIRA.mp3