Informativo 05-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle este xoves a proxección da curtametraxe "Miña" e un foro de debate sobre a violencia de xénero cuxa data se achega o 25 deste mes. O acto empezará ás 19.00 horas. Tras a proxección do filme, no debate estarán diferentes profesionais especializados en violencia de xénero no ámbito veciñal. Organiza a concellería de Benestar social e igualdade do concello de Fene.