HS1186

Programa: 
Higher Street

Programa 1186 de Higher Street, que adicamos por completo a Damián Botigué aka Karmasound, produtor arxentino criado en Galicia e agora afincado en Barcelona, ao que seguimos con moito gusto dende aló por 2009 cando os seus inicios xunto a KAOS, e do que coñecemos ben toda a súa traxectoria xunto a Sara Bee e mais no seu dúo Saturn's Children con Emeson. Artista ligado ao hip hop nos inicios e agora involucrado na escena broken beat, utiliza influencias do jazz e o latin para enriquecer a súa música, que ademais de xa contar cun carácter especial e particular, agora se presenta co seu primeiro disco longo publicado a través do selo británico Phuture Shock Music. Diso, do disco, e mais da conexión co selo, e do seu momento creativo, falaremos con el, e aproveitaremos para escoitar "La Búsqueda" en formato mixtape producida por Dj Conga. Na segunda parte, a conversa continuará abrigada por unha pequena sesión especial realizada polo propio Karmasound, en exclusiva, para Higher Street.

[Karmasound - La búsqueda (Dj Conga mixtape)]

00:00 Se va la vida

01:47 Sé tú mismo

04:03 Constelaciones

07:17 Dando vueltas

09:04 Lo único que quiero

10:10 Bailando con la luna

12:39 Instantes

14:03 Lágrimas de esperanza

16:58 Cerca del mar

19:29 La búsqueda

+

[Karmasound special mix]

01 Horace Silver - Song for my father

02 Matías Pizarro - Perro que ladra no muerde

03 OPA - Goldenwings

04 Azymuth - Batucada em Marte

05 Kaidi Tatham - He Laughs she cries