Feminismo en cen palabras. Luca Chao

Programa: 
Club de lectura

“Eu son unha estruturalista convencida e coido que a forma na que pensamos define a forma na que falamos e, polo tanto, a forma na que construímos o mundo. Un exemplo nesta liña que se ten utilizado moitas veces no feminismo é o da violencia machista. Isto existiu sempre. Non é unha cousa nova pero foi necesario que se lle puxera unha palabra para que a xente que estaba na súas casas padecendo isto soubera que o que cría que era unha circunstancia individual, era un problema colectivo estrutural. Ao nomealo fixémolo visible e transformamos a forma na que mundo o percibía”, afirma a autora deste dicionario sobre o feminismo no clube de lectura de Radiofusión.