Corazón de manteiga. Xavier Queipo

Programa: 
Club de lectura
Xavier Queipo falou desde Bruxelas con Radiofusión

Hai recendos e sabores da infancia que non volvemos experimentar despois, como o recendo a pan saído do forno, que son moi evocadores para a literatura. Xavier Queipo entrou no mundo das letras a través de Cunqueiro ou de Cortázar. Tamén de Thomas Mann e Proust.

Falamos de enfermidade mental e da incapacidade das sociedades por admitir o diferente. E de como os desequilibrios poden sortearse de tres maneiras; tendo unha dobre vida, emigrando ou pechándonos en nós mesmos. E falamos da Igrexa. “ Daquela altura os curas eran os orientadores… daquelas facíanse plans para os fillos e eu estaba predestinado a ser cura” afirma Xavier Queipo. E da culpa. “ A culpa era o mecanismo de control. Se pecaba de pensamento e de omisión. O demo e a maldade estaban por todas partes” A historia que conta na novela está chea de dor pero a dor pode chegar a ser unha ferramenta útil. “Hai que coñecer a dor para valorar a felicidade”.

Acabamos falando da dicotomía realidade - ficción. Para Queipo, a ficción é realidade na mente de quen a escrebe”.