Zapatero ultima unha ampla remodelación do goberno

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, ultima nestas horas unha ampla remodelación de Goberno que afectará a catro ou cinco carteiras ministeriais, aseguran diversas fontes do PSOE. O principal cambio afecta á vicepresidencia primeira do Goberno, ocupada até agora por María Teresa Fernández de la Vega, e que pasa a mans de Alfredo Pérez Rubalcaba, sempre segundo as citadas fontes. Rubalcaba conservará a carteira de Interior e convértese, ademais, no portavoz do Goberno.
Ramón Jauregui pasará a ser ministro de Presidencia. O ministerio de Sanidade, até agora en mans de Trinidad Jiménez, pasa a mans de Leire Pajín, secretaria de Organización dos socialistas e número tres  do PSOE. Pola súa banda, Jiménez, que recentemente perdeu as primarias ante Tomás Gómez pola candidatura socialista á Comunidade de Madrid, substitúe a Miguel Angel Moratinos na carteira de Exteriores. Valeriano Gómez ocupará a carteira de Traballo. Descoñécese o destino de Fernández de la Vega e de Moratinos.