Unha sementeira de afeccionados

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

A estrea de Onde andas Karl?, escrita ex profeso para os alumnos do 3º curso da Escola polo dramaturgo Rubén Ruibal, o xoves 25 de xuño no Pazo de Cultura de Narón dános pé para falarmos cun dos actores, Leandro Lamas, e co director da da obra que se vai estrear, Jose Luís Prieto, da súa complexidade significativa, do proceso de montaxe e das dificultades que está a atravesar o sector teatral en Galicia.

Onde andas Karl? é, en palabras do director, unha “comedia marxiana en estado de descomposición, ou un disparate funerario postmarxista, e mesmo unha comedia cuarto musical”. Rubén Ruibal, o autor do texto, pola súa parte, destaca que procurou que os actores tivesen que tocar todos os rexistros, ao tempo que tenta reflexionar dun xeito divertido (mesturando descaradamente a Marx cos Marx) as contradicións do discurso político tanto da dereita coma da esquerda fronte á nova realidade social do noso tempo. O argumento do que se parte é a descomposición dunha compañía, logo da desaparición do seu lider indiscutible, da loita polo poder, do proceso de creación, da dependencia da arte do poder político e do diñeiro e, en definitiva, de como funciona o mundo social.