Ramón Máiz: “O bipartito cometeu o erro de relegar o discurso, a dimensión mobilizadora da política”

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

En A arte do imposible, Ramón Máiz reivindica a paixón como raíz común descoñecida da política fronte ao hiperracionalismo. Unha paixón que, ao seu entender, faltou no Goberno bipartito, do que realiza neste ensaio “unha reivindicación crítica”. “Cometeuse o erro de pensar que o traballo da Administración fala por si mesmo, sen necesidade de discurso, esquecendo así a dimensión mobilizadora”, reflexionou en Radiofusión.

Máiz fixo tamén nos nosos micrófonos unha dura crítica do actual debilitamento do poder político en favor do poder financeiro. “Os mercados son cegos, non teñen un horizonte ao que dirixirse”, alertou, ao tempo que fixo un chamamento a recuperar ao espazo perdido: “cómpre repolitizar a vida social”.