Os Azeitonas de Porto vencen no Felipop de Limodre

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Os santiagueses Los Chavales , unha banda tributo ao pop ye-yé dos anos sesenta, amenizarán a sesión vermú no Felipop. The Puzzles de Santander abrirán hoxe o festival. Completan o cartel  os Zodiacs de Getxo, en plena actualidade polo anuncio dun refresco coa canción “ Con poco me lo monto”. Tras os vascos tocarálle o turno a J. Teixi Band. Os madrileños, cun toque da movida madrileña, fan un pop de influencia negra moi poderosa. Co pop irreverente, potente e imprevisible dos xixoneses Doctor Explosión daráse peche ao Felipop 2009. Un gran fin de festa e de conta atrás para o Felipop 2010.

 

Primeira sesión

"Veni, vidi, vici" afirmoulle o xeneral romano Julio Cesar ao Senado en alusión á súa victoria conseguida en Asia Menor con pouco tempo e esforzo. Tamén pouco tempo e esforzo empregaron Os Azeitonas en chegar dende Porto a Limodre (Fene A Coruña) e venceron sen lugar a dúbidas ao quedarse co público na carpa do Felipop 2009. Con anterioridade xa se metera aos felipopeiros no peto o crooner Roger de Flor. Os dous amigos ou Cuanto hay que aguantar foron algúns dos temas interpretados polo cantautor local, coreados e bailados polos asistentes.