Canalejas, Latorre e Portela, un trío de galegos ao fronte da orde pública

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Canalejas nacera en Ferrol, Fernández Latorre na Coruña e Portela Valladares en Pontevedra. Os dous primeiros morren en 1912, pero pódese dicir que logran unha relativa paz social e inician un proceso de modernización dacordo coas demandas dunha sociedade en cambio.

Outra das cuestións candentes da época é o problema relixioso. Canalejas é un católico anticlerical, en palabras de Javier Moreno Luzán. Amosaráse capaz de normalizar os pleitos capitais daqueles anos. Ao acceder á presidencia do goberno deixa de operar como político para actuar como un estadista. Impulsará a denominada "lei do candado" para prohibir o establecemento de novas comunidades relixiosas. Ademáis afrontará a situación do bipartidismo, a guerra de Marruecos e o problema obreiro.

Decía Canalejas:

"No hay un problema religioso; hay un problema clerical, hay un problema de absorción de la vida del Estado, de la vida laica social por elementos clericales y yo pienso, como el inmortal poeta francés, el ilustre Hugo, que a un tiempo hay que maldecir al clericalismo y bendecir a la Iglesia, a esa Iglesia santa, a la que el clericalismo llama madre y explota como sierva".

A Semana Tráxica e o problema relixioso

Os acontecementos da Semana Tráxica comezaran cunha folga de tranviarios que paralisa Barcelona a finais de xullo. En varias horas, a folga é total e dimite o gobernador civil Ossorio e Gallardo. Tras a paralise do traballo, comezan os asaltos, o aillamento de Barcelona, sen periódicos nen trens e pola noite os primeiros asaltos de conventos. Ao dia seguinte, cunha Barcelona alterada polas barricadas e o lume, a folga convírtese en revolución. Aos poucos dias, chegan á capital catalana reforzos militares e comeza a ocupación dos barrios obreiros. Segundo o profesor Antonio Fernández no seu libro "Historia Contemporánea" (Vicens Vives,1976), a crise barcelonesa vai provocar a caída do presidente do Goberno, Antonio Maura. O novo titular do executivo, José Canalejas vai ter que enfrontarse cun problema relixioso de gran calado. A intelectualidade, os sindicatos e unha gran parte da opinión pública amosaban unha grande aversión ás ordes relixiosas de crecente presencia. O número de relixiosos regulares aumentara en España de 54.000 no 1900 ata os 67.000 en 1910. As rendas dalgunhas ordes eran altas, transformaran antigas terras e propiedades inmobiliarias en propiedades comerciais e industriais. Os xesuitas controlaban compañías de zucre e tabaco e non pagaban ou satisfacían menores impostos que as mesmas actividades desempeñadas por seglares. Ademais a educación estaba en gran parte nas mans dos relixiosos, ao carecer España de medios para financiar un sistema de escolas públicas como Francia. A opinión pública responsabilizaba ás ordes relixiosas da perda das Illas Filipinas, dado que naquela zona a administración estatal caseque non existía, contando en cambio cunha grande presencia os frades, que aplicaban sistemas claramente coloniais coa poboación autóctona.
A Semana Tráxica de Barcelona rematará con 113 mortos, 500 feridos e máis de 1000 persoas no cárcere. 51 igrexas e conventos foran incendiados. A represión desatada xenera unha importante campaña internacional de solidaridade. O 21 de outubro de 1909 Maura presenta a súa dimisión diante da protesta popular. Subirá á presidencia do goberno José Canalejas cun discurso secularizador ou anticlerical que tivo a virtude de aglutinar a resposta da esquerda ás esixencias de cambio que viñan plantexadas dende 1898.
Dende o verán de 1910, Canalejas "suaviza" o seu programa anticlerical co que recruan as protestas obreiras. Ao ano seguinte, a CNT convoca folga xeral en Barcelona, Madrid, Vizcaya, Valencia e Asturias contra a guerra de Marruecos e pola reducción da xornada laboral. Logo viría o conflicto ferroviario de outubro de 1912. Pero o goberno aínda ten azos para sofocar as protestas. Todo rematará co asesinato de Canalejas o 12 de novembro de 1912.