A óptica diferente das crónicas de guerra

Programa: 
Onda Rural

Unha vida intensa a desta muller con inquedanzas literarias, que traballou como correspondente para o xornal ABC na primeira metade do século XX, sendo a primeira correspondente de guerra dun xornal español.

Sofía Casanova morreu en Poznan-Polonia en 1958. Con motivo do 50 aniversario do seu falecemento, a editorial Sotelo Blanco no 2008 publicou: “Sofía Casanova. Exóticas e escritos xornalísticos” un volume que escolma algunhas crónicas desta muller que, segundo a autora do texto introductorio desta publicación Rosario Martínez, concebíu a crónica de guerra de xeito diferente aos seus colegas. Levóu a dor e o sufrimento da poboación ao primeiro plano. Sofía Casanova é un bó exemplo de muller galega excepcional e esquecida.