Madriña. "O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro". Capítulo 11

...fixéchesme caso, Gustavo, por fin, e por fin onte, en pleno mes de novembro, novembro do 78, o xoves, 23, chegou a primeira carta túa desde Madrid, que alegría pra a familia enteira, pra túa nai, que ma leu antes de marchar a traballar e nunca a vin saír da casa tan leda, pra teu pai, que ma volveu ler, á volta do traballo, e por un momento alegrou a cara triste de todos os outonos e invernos, e atrasou o silencio total, a canseira infinita, que sempre lle dura o mesmo tempo, desde primeiros de outubro ata finais de marzo... 

Fotografía: XanXe