Lobos Doentes. Capítulo 38

“Nada máis estreitar a súa man, cunha firmeza excesiva pola súa parte, que me obrigou a reforzar a miña, decateime de que aquel home tiña a forza suficiente para esganar unha muller como María Silveira, tan fráxil como pouco resistente”. Despois de concertar unha cita telefónica, o policía Sánchez Pereiro visita a Francisco Sáenz de Gondomar na súa clínica dental. O comisario vai ao gran. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/110123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, José Piñeiro, intérprete de Francisco Sáenz de Gondomar.