Lobos Doentes. Capítulo 34

Gustavo Gallego fala por primeira vez dende o seu ingreso no Hospital Marítimo de Oza. Sánchez Pereiro pregúntalle que recorda da mañá na que apareceu morta a súa muller e se quere recibir a visita da súa filla. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/050123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Antonio Tizón, intérprete de Gustavo Gallego.