Lobos Doentes. Capítulo 30

Unha nova morte sorprende ao policía Sánchez Pereiro. Esta vez á asasinada é a muller de Gustavo Gallego. “O primeiro que vin con claridade nada máis chegar ao salón, que xa quedaba detrás da porta da entrada, é que o asasino, fose quen fose, esganou a María Silveira cun cable duns dous metros de longo, provisto dun ladrón con catro enchufes, que permanecía xusto á beira do seu cadáver aínda quente. A nena e o seu pai estaban en pixama abrazados no sofá en estado case catatónico, incapaces de pronunciar unha soa palabra”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

http://173.255.131.18/audio/301222LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, sesión de gravación do podcast Lobos Doentes.