Capítulo XII. O caso de Gustavo Gallego

Capitulo XII. O caso de Gustavo Gallego

“O empresario Pedro Souto recibiunos no seu restaurante ás nove e media en punto da noite e acomodounos nun reservado especialmente preparado para catro persoas, dende o que que resultaba imposíbel que nos visen os outros comensais” afirma o inspector Sánchez Pereiro antes de empezar a debullar os detalles do crime acaecido na praia do Matadoiro na Coruña en plena noite de San Xoan.

http://173.255.131.18/audio/160620TIZON.mp3

 

Fotografía: Antón Ramos

 

Podcast adaptación da novela de Antonio Tizón “A antesala luminosa” publicada por Xerais.

 

Coa colaboración do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco (Ares) nas voces de Víctor Fernández como o inspector Sanchez Pereiro, Beni Suárez como o axente Márquez da Coruña e o Inspector Filgueira de Madrid. Mari Carmen García como Cristina Fandiño,  Avelino García como Comisario Laxe e como Gustavo Gallego, María Cordal como María Silveira, Pablo Mariño como o Doutor Campiño e como Pedro Souto, Margarita Couce como Clara e Mari Carmen Varela como Lucía.

E coa colaboración especial de Antonio Tizón (proxeneta portugués) Henrique Sanfiz (narrador) e Eugenia Sanmartín (prostituta na rúa Montera de Madrid)