Capítulo 4. Un home estraño. Para entreterte, apaixonare e facerte pensar

Contra a suba das taxas na Universidade de 1980. Fotografía: Xan Carballa

Manuel Ferro, traballaba de arquitecto no Concello da Coruña, aparece o mércores 2 de xullo de 1980 asasinado no seu piso de Catro Camiños. O subcomisario Laxe encarga ao inspector de segunda Sánchez Pereiro a investigación. Sánchez axiña baralla a dous sospeitosos como posíbeis culpábeis do crime. Están relacionados co proceso de tramitación dun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana da cidade da Coruña.
Suspense, medo e crime no podcast “Un home estraño” de Antonio Tizón. Para manterte informado do que pasou en 1980, para entreterte, apaixonarte e facerte pensar. Un inspector de policía diante do seu primeiro caso de asasinato. Conta con 31 anos e unha amiga xornalista da mesma idade.