Capítulo 3. Un home estraño. Ledicia Muruzábal: "Pagaremos a medias"

Moeda de curso legal en 1980. Fotografía Xan Carballa

Pagaremos a medias que non quero aproveitarme dos teus soños de sedutor, retrúcalle a xornalista Ledicia Muruzábal ao policía Sánchez Pereiro. Os dous van cear despois de asistir á función “Cinco horas con Mario” de Lola Herrera no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. É parte do argumento do podcast musicado por Miro Casabella e dirixido por Eugenia Sanmartín que estamos a emitir todos os dias en Radio Fene as dez da mañá e despois do informativo das dúas e media da tarde. Óscar Gáez, Helga Méndez e Roger de Flor poñen as voces neste episodio.