A Xunta aplica o criterio do TSXG na folga do ano 2002

A Xunta aplica o criterio do TSXG na folga do ano 2002

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta ven de negociar coas organizacións sindicais para compatibilizar o dereito a exercer a folga contra a política económica do Goberno de España e o mantemento dos servizos mínimos indispensables para asegurar a sanidade, os transportes, a asistencia social, a educación e a xustiza. O criterio que está a empregar a Xunta é o que aplicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa súa sentenza en relación á folga do ano 2002.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, indicou esta mañá, trala reunión do Consello, que existe acordo co sindicato UGT na maioría dos servizos públicos, pero que hai desacordo con outras centrais sindicais. O titular do Goberno galego entende que é perfectamente lexítimo o dereito á folga, pero tamén considera que a obriga dun goberno responsable é manter os servizos públicos esenciais. Asemade, Núñez Feijóo mostrou o seu agradecemento ás centrais sindicais pola flexibilidade que están amosando.

Sociedade