XIIª Edición dos Encontros para a Normalización Lingüística

XIIª Edición dos Encontros para a Normalización Lingüística

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega convoca os Encontros pola Normalización Lingüística, que terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de setembro. Serán foro de reflexión, estudo e debate de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego e estarán dirixidos a técnicos de servizos de normalización ling&u

A XIIª edición destes Encontros estará organizada en dúas sesións: unha primeira, centrada na participación social e na iniciativa e acción cidadás, cunha análise comparativa dos procedemento seguidos en distintas iniciativas, unha presentación sobre o fenómeno emerxente das redes sociais, unha reflexión sobre actitudes cidadás e mobilización, e unha mesa redonda na que participarán os principais colectivos e plataformas comprometidas coa acción social a prol do galego; na segunda sesión presentarase a Rede de Dinamización Lingüística que da Secretaría Xeral de Política Lingüística, revisaranse experiencias de intervención no sector comercial, e reflexionarase sobre o papel da lingua na publicidade e no mercado.

Sociedade