Vinte anos de Ponte nas ondas

Vinte anos de Ponte nas ondas

20 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Ponte nas ondas é un proxecto de comunicación entre Galicia e Portugal, como unha oportunidade para construír a Eurorrexión desde a base social. Pero ademais, a experiencia de comunicación serviu para introducir no sistema educativo unha nova forma de traballar coas TICs e cos medios de comunicación.

Este 2014 a experiencia “Ponte nas ondas” cumpre vinte anos e os promotores Santiago Veloso e Xerardo Feijoo preparan un programa de radio que se desenvolverá durante vintecatro horas o vindeiro trinta de maio. Escolas e radios locais xúntanse nunha xornada na que contarán coa colaboración da Universidade de Vigo. Máis de cincuenta colexios e institutos galegos e portugueses participarán na iniciativa que se divulgará a través de Internet, das emisoras municipais e Radiofusión.

Sociedade