ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En Oleiros, Montrove pasaba os veráns a nena María Casares. Coidabaa Susita, interpretada no podcast "María Casares, eu son do océano" pola actriz Eugenia Sanmartín. María tamén convivia coa tía Candidita, unha muller que permanecía fiel á memoria do seu defunto marido. Era moi cariñosa con María. Contáballe moitos contos antes de durmir.
Coincidindo co centenario do nacemento da nomeada actriz,Son Radiofusión produciu dúas iniciativas que coinciden no interese divulgativo dunha traxectoria de éxito no teatro de Francia e de Europa, dunha muller, nacida en Galicia, a quen o golpe de estado de 1936 obrigou a exiliarse, pero que sempre reivindicou a súa condición de galega. As lembranzas e o exemplo de María Casares nutren ta novela gráfica con texto de Pitusa Arias e ilustracións de Carlos Sardiña. Tamén o podcast con guión de Puri Seixido, banda sonora orixinal de Sofia Oriana Infante e dirección de Eugenia Sanmartín e con participación do actor Rogelio Arias e das actrices Cristina Moreira, Cristina Mariño, Helga Méndez e Eugenia Sanmartín. O podcast pódese escoitar todos os dias as nove da mañá e ás nove da noite en Radio Fene. Tamén en radiofusion.gal
Publica o teu comentario agora