Vai fritir minchas

Vai fritir minchas
23 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Sada

Unha especie de caracoliño vive nas rochas de entre mareas. A mincha é un molusco gasterópodo, moi popular. Pero ten tamén mala imaxe, porque disque non hai maior desprezo que o de “Vai fritir minchas”.

O rico sabor das minchas

O poeta grego Epicarno xa falaba das minchas como unha das variantes que se podía atopar no selecto mercado de peixes e mariscos de Sicilia. En Venecia, o aperitivo máis popular era o bodoletti, as minchas ao forno con aceite, loureiro e sal, segundo asegura Fausto Galdo no Abecedario das mantenzas. Cornide aconsella comer as minchas cocidas e quentes. Na novela La Tribuna de Emilia Pardo Bazán, as minchas andan entre os produtos do mercado da Palloza, cheos de cores.

Sociedade

Publica o teu comentario agora