Unha nova aventura abraiante de Pippi Mediaslongas

Unha nova aventura abraiante de Pippi Mediaslongas
21 de Marzo, 2019 - 12:56 h. | Publicada por Radio Estrada

Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika, o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser coma Robinson Crusoe.

ESCOITA O PODCAST:
David Álvarez no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Así é Pippi, esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira. No club de lectura de Radio Fene Radiofusión conversamos co traductor desta nova entrega de Pippi Mediaslongas, en galego,  David Álvarez. Publica editorial Kalandraka. Participan neste episodio Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz.

Cultura

Publica o teu comentario agora