Tanta rosa espallada naquela branca ribeira

Tanta rosa espallada naquela branca ribeira
11 de Outubro, 2019 - 10:46 h. | Publicada por Radio Neria

“Ramo de froles parece, Muxía a das altas penas/ con tanta rosa espallada naquela branca ribeira” afirma Rosalía de Castro nun dos poemas de Cantares Gallegos. A Muxía e a Fisterra chegan 60 camiñantes vascos despois de realizar a pé toda a costa cantábrica desde Baiona ata Fisterra.

Xentes da montaña do Pais Vasco co club Montaña Ferrol

O Club Montaña Ferrol exerceu de anfitrión nun proxecto que naceu hai catro anos. Semana a semana foron percorrendo a costa do Pais Vasco, Cantabria, Asturias ata rematar no punto máis occidental do continente europeo. Este ano comezaron a pasada semana en Ponteceso e mañá dia doce rematarán en Fisterra. A xente da montaña de Irún anima ao Montaña Ferrol a devolver a visita, facendo o camiño á inversa.

Deportes

Publica o teu comentario agora