A soberanía alimentar, obxectivo estratéxico

A soberanía alimentar, obxectivo estratéxico

17 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A soberanía alimentar é un obxectivo estratéxico, segundo o portavoz do BNG Xavier Vence. Un enfoque novo da agricultura debe ir dirixido a aproveitar a diversidade de terras que temos, non só para producir a gran escala, tamén para o cultivo ecolóxico e de proximidade.

Vence enfatiza a calidade dos produtos da horta e a froita e defende explotacións menos industriais ou baseadas no abuso de fertilizantes e pesticidas. Unha produción ecolóxica orientada nesa dirección crea moito emprego e axuda a facermos unha alimentación máis saudábel e unha sociedade máis sá, conclue o profesor da Universidade de Santiago de Compostela no libro de conversas realizado polo xornalista Xan Carballa  en Engaiolarte Edicións.

Sociedade