A seguridade do rali

A seguridade do rali
03 de Marzo, 2020 - 09:13 h. | Publicada por Radio Culleredo

Velar pola seguridade do público e dos pilotos é unha das tarefas máis complicadas á hora de organizar un rali. Jesús Raso coordinou ese labor a pasada fin de semana no rali da Coruña. Unha caravana con doce persoas en seis coches percorren os tramos asegurándose que o público está nas zonas habilitadas. Unha vez comproban que non hai obstáculos na estrada, dan a saída aos vehículos de competición.

ESCOITA O PODCAST:
Jesús Raso, coordenador de seguridade do rali da Coruña

O rali percorreu estradas de Culleredo, Arteixo, Cerceda e Aranga. Victor Senra alzouse ao remate coa primeira posición na primeira cita do campionato galego de ralis.  O rali da Coruña congregou a milleiros de espectadores. 113 equipos participaron nunha carreira que xa cumpriu vintecatro anos.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora